Category Archives: día do libro

Speech publicitario para o día do libro

Os/as nenos/as de 6º nivel prepararon estes divertidos speechs publicitarios para recordarnos a importancia da lectura.

“Mil libros lerás e un metro medrarás” Pincha AQUÍ

“Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros” Pincha AQUÍ

“Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro” Pincha AQUÍ

“Se o teu cerebro queres expandir á biblioteca tes que vir” Pincha AQUÍ

Moitas grazas polas vosas ideas!

 

 

 

Gymkana de contos clásicos

Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º nivel. Xuntos pasamos unha sesión moi divertida deixandonos levar pola maxia que encerran os contos clásicos. Pinocho, Os tres porquiños ou Cincenta foron algunhas das persoaxes que nos acompañaron.

Tivemos que facer carreiras de carretillas, camiñar cunha cucharilla na boca cunha pelota de ping-pong dentro sen que caera ou roubar os rabiños dos compañeiros/as para completar o puzle e descubrir qué conto se escondía tras unha serie de pistas que nos foron dando.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Como agasallo pola súa participación e para festexar o día do libro a biblioteca agasallou a cada aula cun libro recopilatorio de contos clásicos. Grazas nenos/as!

 

 

Intercambio de libros

O alumnado do centro segue a festexar a “Semana do Libro” cunha actividade tan bonita como un intercambio de libros entre compañeiros/as.

E por si isto fora pouco, cada neno/a realizou un marcapáxinas que introduciu dentro do libro que aportaba para trocar ao estilo do xogo “amigo invisible”.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Apadriñamento lector

Hola lectores/as!

Como ben sabedes, o vindeiro sábado día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Dende a biblioteca queremos festexar a súa importancia realizando a “semana do libro”. Algunha das actividades que vamos realizar son: o apadriñamento lector, unha yincana de contos clásicos ou un mercado de libros.

Hoxe tivo lugar o apadriñamento lector. O alumnado de 6º nivel baixou ás aulas de educación infantil para ler un conto ós máis peques do colexio. Deste xeito, pequenos e maiores compartiron historias, personaxes e maxia.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Rompecontos

Como xa comentamos no post anterior, este ano no centro realizamos a actividade de Rompecontos para celebrar o día do libro e loitar contra os esterotipos sexistas que tanto aparecen nos contos clásicos.

A actividade tivo moi boa acollida. Os nenos e nenas estaban moi motivados. Saíron historias realmente boas; ananiñas que traballan na mina, príncipes que fan as labores da casa, princesas que saen en busca de aventura, lobos mansos e carapuchiñas valentes…

A continuación, deixámosvos cunha pequena mostra das obras obtivas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Todas estas obras de arte están á vosa disposición na biblioteca do noso centro escolar.

Queremos agradecer a todo o alumnado e ó profesorado o tempo, esforzo e ilusión postos nesta tarefa. Mil grazas.

Bó día do libro esperamos que todos/as teñades a vosa rosa e voso libro.

Como ben sabedes, onte 23 de abril celebramos o día do libro.

No noso centro realizamos dúas actividades:

– A primeira delas, chamada o PADRIÑO LECTOR; consistiu en que un neno/a de cada nivel visitara a clase dos mais pequerrechos para lerlles un conto. Así por exemplo Antón de 5ºB foi o encargado de ler un conto ós/ás nenas/as de 5 anos. A experiencia foi moi positiva e seguramente alongaremos esta actividade no tempo.

O pase de diapositivas require JavaScript.

– A segunda, chamada ROMPECONTOS; consistiu en traballar as estereotipas e o machismo tan presentes nos contos clásicos. Cansos/as de que a princesa sexa presentada como unha dama delicada cuxa única cualidade salientábel sexa a beleza física; fronte a un príncipe intelixente, guapo, valente e triunfador… decidimos que cada nivel debería reelaborar ou crear un rompeconto no que as protagonistas rachen con todas estas características, que desgraciadamente aínda seguen pesando na sociedade actual. A vindeira semana faremos unha exposición no centro e compartiremos o resultado con todos/as vós.

E non esquezades nunca que:

“Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro” – Emily Dickinson.