CRHYSTYAN MAGIC

O alumnado de 4º nivel trasladouse á biblioteca Ágora para disfrutar da función de Chrystyan Magic titulada “Atrapado na torre”.

O espectáculo estivo enmarcado dentro dunha xornada de comprensión lectora e tratouse dunha actividade participativa xunto co alumnado de Aspanaes, Adcor e Aspronaga.

IMG_5168 (editado)

Advertisements

Apadriña un lector

Apadriña un lector leva o nome da actividade na que participou o alumnado de 3 anos a semana pasada xunto con adolescentes do instituto Rafael Dieste.

A actividade consistiu no seguinte:

Partindo do conto “a galiña azul” de Carlos Casares os/as nenos/as de 3 anos pintaron un debuxo con rotuladores de soprar. Cando remataron dous compañeiros leron o conto de “A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, ó mesmo que se proxectaba na pantalla co fin de contar cun apoio visual que facilitara a comprensión da historia.

Por último emparellados neno-adolescente saímos ao campo para ler ao aire libre.

This slideshow requires JavaScript.

Foi unha actividade moi bonita e gratificante. Esperamos poder repetir no vindeiro curso!

Centro de día HERA

Esta semana o alumnado de 4º nivel participou nun encontro interxeracional deseñado en torno á obra de Carlos Casares, autor galego ao que lle dedicamos o día das Letras Galegas.

A xornada estructurouse do seguinte xeito:

11:30-11:35  Benvida e presentación.

11:35-11:45 Charla debate sobre o día das letras galegas, autor ao que se lle dedican este ano, relatos que coñecemos…

11:45-12:05 Merenda interxeracional.

12:05-12:45 Rotacións polos tres grupos de traballo:

  •  Grupo 1: Os maiores contaranlle un conto aos nenos e nenas. A continuación deberán faer un debuxo sobre o mesmo.
  •  Grupo 2: A terapeuta iniciará un conto, que se cortará nun punto determinado, a partir do cal tanto nenos coma maiores continuarán a historia para darlle fin.
  •  Grupo 3: Xogo “Que pasaría se…?”. A terapeuta será a mestra da pregunta, e tanto nenos coma maiores deberán ir aportando as súas ideas.

12:45-13:00 Pequena actividade con música tradicional galega e despedida.

This slideshow requires JavaScript.

Moitas grazas ao centro de día Hera por abrirnos as súas portas e permitirnos disfrutar das persoas maiores que tanto dan a cambio de moi pouco e tanto nos aportan.

Un pracer poder traballar convosco.

Meu avó, rei das pequenas cousas

9788494589676

“Eu non teño trono, coroa ou palacio coma os reis do mundo. Eu son un rei diferente de todos os outros. Eu son rei de min mesmo e da miña vida…”

Iso é o que signica reinar. Eu reino sobre a miña vida, decido que facer, cando e como vivir. Reino sobre os meus pensamentos e ideas. E gústame ollar as cousas, non como realmente son, senón como poderían ser ou como a min me gustaría que fosen.

O que fago é sinxelo: soño, transformo a realidade, dou renda solta á imaxinación. Fágoo de tal maneira que non sei exactamente onde termina o real e comeza a fantasía.

Confeso que non comprendín a metade do que o avó dixo, pero gustoume moito o modo en como falou, co ollar asolagado de alegría, os xestos sinxelos e a postura dun rei. Pensei, ensimesmado:

– O avó é rei! Viva o rei! Viva o avó!”

Un canto á felicidade e unha homenaxe a todos/as avós/avoas que tanto nos dan e ensinan.

Clara e o rapto do solpor

978849465021

Un gran desastre está a piques de ocorrer por mor da malvada contaminación: o precioso solpor corre perigo. Só Clara pode impedilo, pero ela aínda non o sabe… Os seus amigos do bosque serán imprescincibles para axudala nesta complicada misión.

“Unha aventura engaioladora sobre a valentía, o poder da cooperación e a importancia de coidar o noso planeta”.

“Unha historia que se converte nunha auténtica lección sobre o traballo en equipo e a audacia da nena Clara fronte aos perigos que orixina a contaminación”.

Descubrindo os xogos de antano

O pasado xoves, día 27 de abril o alumnado de 3º nivel visitou o centro de día Hera co fin de coñecer os xogos tradicionais que practicaban os nosos maiores.

18193115_1882495548655193_2069743818252948590_o

Despois de darnos a benvida e facer unha pequena presentación da actividade, tivo lugar unha breve charla sobre os xogos. Os maiores explicaron aos nenos e nenas en qué ocupaban os tempos de lecer naquela época e viceversa.

Sobre as doce do mediodía compartimos unha merenda interxeracional e mais tarde algún xogo tradicional que nos tiñan preparado. Para rematar e co fin de recuperar a calma, realizamos unha actividade musical.

Foi unha experiencia moi bonita e enriquecedora. Repetiremos sen dubidalo!

 

 

Contacontos en Visma

Durante esta semana o alumnado de 1º, 2º e 4º nivel de educación primaria tivo a gran sorte de participar en varios contacontos organizados polo alumnado da Universidade da Coruña.

Durante o mes de outubro, estudantes de Maxisterio acudiron a varias residencias da nosa contorna co fin de recabar textos da tradición oral. Neste segundo cuatrimestre, logo de clasificar o material recollido, adaptárono para os/as nenos/as e nenas de Educación Primaria e artellaron varias propostas didácticas.

A actividade tivo unha duración aproximada duns 50 minutos. Durante este tempo narraron un conto e fixeron diferentes dinámicas grupais; escribir unha carta, facer debuxos…

This slideshow requires JavaScript.

Foi unha experiencia moi boa.

Moitas grazas por colaborar connosco!

 

Día do libro; compañeiro de aventuras

Onte 23 de abril celebramos o Día do Libro. Nesta mesma data, alá polo ano 1616 morrían Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores mais recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.

Esta é unha data ideal para que os/as nenos/as entendan o valor da literatura e así fomentar e espertar a súa paixón polos libros. Unha boa opción é agasallar un libro; isto pode ser o principio dun hábito moi san e recomendable como a lectura. Ler faranos libres; libros como paxaros.

 carteles_afiches_dia_del_libro_eu_2014_David_Pujol

O máis importante é que cada neno atope o seu libro ideal, o que lle guste a apaixone; historias de amor, aventuras, novelas de terror… calquera temática será válida para desenvolver a creatividade e imaxinación.

No centro durante esta semana realizaremos diferentes actividades para festexar unha data tan importante coma esta: contacontos, gynkana de xogos populares, cine forum, audiolibros…

Xa vos iremos contando!

Fina Casalderrey

Fina Casalderrey visitou o noso centro onte. O alumnado de 3º nivel participou no encontro coa autora para falar sobre a súa obra “Dúas bágoas por máquina” (premio Merlín de Literatura Infantil 1991).

Este libro narra a historia de Xusta e o seu can Máquina. Un valente amigo que a nena levará no corazón para sempre.

Coñecemos o barrio de Visma

Un ano mais, e en vista do encantados que quedamos os cursos pasados, o alumnado de 3º nivel de educación primaria tivo a gran sorte de poder participar nesta actividade organizada pola biblioteca Ágora. Roteiros polo barrio de Visma busca que os nenos/as coñezan a historia do barrio e os seus puntos mais representativos.

Realizaron as seguintes paradas: centro cívico de Visma, igrexa de San Pedro, KUNG FU Galicia, Observatorio meteorolóxico e como derradeira visita a biblioteca Ágora. CLICK AQUÍ

33350261941_69039fc3ac

P.D: Agradecer ó centro Ágora a súa axuda e colaboración constante co noso centro. Estamos encantados de poder traballar convosco!