Arquivo do blog

Gymkana de contos clásicos

Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º nivel. Xuntos pasamos unha sesión moi divertida deixandonos levar pola maxia que encerran os contos clásicos. Pinocho, Os tres porquiños ou Cincenta foron algunhas das persoaxes que nos acompañaron.

Tivemos que facer carreiras de carretillas, camiñar cunha cucharilla na boca cunha pelota de ping-pong dentro sen que caera ou roubar os rabiños dos compañeiros/as para completar o puzle e descubrir qué conto se escondía tras unha serie de pistas que nos foron dando.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Como agasallo pola súa participación e para festexar o día do libro a biblioteca agasallou a cada aula cun libro recopilatorio de contos clásicos. Grazas nenos/as!

 

 

Rompecontos

Como xa comentamos no post anterior, este ano no centro realizamos a actividade de Rompecontos para celebrar o día do libro e loitar contra os esterotipos sexistas que tanto aparecen nos contos clásicos.

A actividade tivo moi boa acollida. Os nenos e nenas estaban moi motivados. Saíron historias realmente boas; ananiñas que traballan na mina, príncipes que fan as labores da casa, princesas que saen en busca de aventura, lobos mansos e carapuchiñas valentes…

A continuación, deixámosvos cunha pequena mostra das obras obtivas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Todas estas obras de arte están á vosa disposición na biblioteca do noso centro escolar.

Queremos agradecer a todo o alumnado e ó profesorado o tempo, esforzo e ilusión postos nesta tarefa. Mil grazas.