Moito me presta…

O pasado xoves 14 de maio, o alumnado de 6º nivel tivo a sorte de participar nunha actividade organizada pola biblioteca Ágora con motivo da celebración do día das Letras Galegas. Asistiron a un obradoiro creativo con Mar Guerra, a unha sesión de Contos Literarios con Avelino González e ó photocall #m8mepresta. Así no lo contan:

O día 14 fomos ás 10 da mañá ao Ágora. Leváronnos á biblioteca e sentámonos no chan. 

Primeiro estivemos falando coa autora do libro “Xenaro e o misterio da mochila verde”, escrito por Mar Guerra. Tamén fixemos uns xogos de palabras raras en galego. A palabra que saíu foi “cariño” e tivemos que facer frases con ela (era de P.Caabeiro). A autora leunas e saíron frases moi graciosas. 

Despois veu a actuación do contacontos Avelino González (Contos Literarios) aínda que antes de dar comezo fixéronnos estricar as pernas porque levábamos moito tempo sentados no chan. Contounos o conto dunha rapaza que só estudaba e logo non sabía facer as tarefas da casa. Por exemplo meteu na lavadora toda a roupa e depois saíulle de coloríns. Falaba moi rápido e era moi simpático!

Pasámolo moi ben!

Asinado: alumnado de 6º nivel.

Fai clic AQUÍ para ver tódalas fotografías tomadas

Moitas grazas á biblioteca Ágora por contar connosco!!!

Advertisements

Posted on 18 Maio 2015, in Actividades, letras galegas 2015 and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Bibliotecas Municipais da Coruña

    Moitas grazas pola difusión e pola vosa colaboración! Alegrámonos moito de que os rapaces e rapazas disfrutaran da xornada de Letras Galegas na biblioteca.

    Gústame

  2. Moitas grazas a vós pola vosa colaboración e por ternos sempre en conta. Un pracer formar parte destas actividades!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: